Camariñas renova e aumenta os contedores de todo o municipio 24/11/2020
Camariñas renova e aumenta os contedores de todo o municipio
- Están renovándose os verdes que están en mal estado, instalando máis amarelos e asegurando todos con suxeitacontedores.
- O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, lembra á veciñanza “a importancia de separar os residuos”.
O Concello de Camariñas está a renovar e aumentar os contedores de todo o municipio para lograr unha mellor e máis eficiente xestión dos residuos. Así, están a instalarse máis contedores amarelos e substitúense os verdes que están vellos ou en mal estado, asegurando todos con suxeita contedores.
A través dunha subvención da Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensanción Ambiental, adquiríronse 40 suxeita contedores, 30 contedores verdes de 800 litros, 7 contedores verdes de 240 litros que se instalarán nas praias durante o verán, 30 contedores amarelos de 800 litros e 8 de 240 litros e, por último, 5 iglús para o cartón.
O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, lembra a veciñanza “a importancia de separar os residuos nos fogares e no momento de depositalos para, entre todos, mellorar a xestión dos residuos do municipio”.