O Concello

Departamentos

* BASES DO PROCESO SELECTIVO DO ALUMNADO TRABALLADOR E DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO AO EMPREGO 24/11/2020

BASES DO PROCESO SELECTIVO DO ALUMNADO TRABALLADOR E DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO AO EMPREGO

Obxecto:

Selección para contratación do alumnado traballador e do equipo directivo docente e de apoio do Obradoiro dual de emprego “CAMIÑO AO EMPREGO” subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e promovido polos concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo.

Prazas: Alumnado-traballador: 20
-          Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes: 12 prazas
-          Promoción turística local e información ao visitante: 8 prazas

Prazas por concello:

Concello de Muxía: 8 prazas
Concello de Camariñas: 6 prazas
Concello de Vimianzo: 6 prazas  

Equipo directivo, docente e de apoio:
-          1 director/a
-          1 docente da especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
-          1 docente da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante
-          1 titor/a          
-    1 auxiliar administrativo/a

Requisitos:
– Posuír a titulación e demais requisitos esixidos nas bases.

Solicitudes:

Alumnado-traballador: 
Para a selección do alumnado-traballador presentarase oferta de emprego no Oficina do Servizo Público de Emprego de Cee. Unha vez publicado o listado de candidatos, establecese un prazo de 2 días hábiles para presentar a documentación no rexistro do Concello de Muxía, preferentemente a través da Sede Electrónica.

Equipo directivo, docente e de apoio: 
O prazo para participar no proceso selectivo é de 5 días hábiles a partir da publicación do anuncio no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello. 
A información completa figura nas Bases de selección 
Bases de selección Obradoiro CAMIÑO AO EMPREGO
Formulario de participación Obradoiro CAMIÑO AO EMPREGO
Sede electrónica do Concello de Muxía  

Máis información nas bases 

PRAZO DE SOLICITUDE:  Ata o 2 de decembro para persoal directivo, docente e de apoio

INFORMACIÓN, SOLICITUDE E ENTREGA DE DOCUMENTACION
Concello de Muxia
Axencia de desenvolvemento Local
Rúa Real 35 15124 Muxia
981 742 001
correo@muxia.es



PROCESO SELECTIVO DO ALUMNADO TRABALLADOR E DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO AO EMPREGO (LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVOS)

Publicado a listaxe provisional de`persoas admitidas para alumnado , peroal directivo e de apoio do Obradoiro.

  • As probas para alumnado serán no edificio de servizos multiples de MUXIA o dia 10 de decembro ÁS 11:00H. Debe levar o ODNI, bolígrafo e MASCARILLA

  • O profesorado das especialidades que se presentaron na convocatoria deberán esperar a publicación da listaxe provisional xa que para garantir o principio de concorrencia, realizarase unha oferta de emprego na oficina de Cee para estas prazas. A listaxe de admitidos e excluidos estará formada, en todo caso, polos candidatos/as que presentaron na convocatoria pública e os remitidos na citada oferta.
  • As datas, horario e lugares das probas para persoal técnico e de apoio do obradoiro publicarase próximamente.
                       

Descargas relacionadas


© by Abertal