O Concello

Departamentos

* O Concello dá voz á mocidade e visibilidade ao traballo dos centros escolares para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero 23/11/2020

O Concello dá voz á mocidade e visibilidade ao traballo dos centros escolares para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero

  • As mozas e mozos do IES Pedra da Aguia e os nenos e nenas de primaria elaboraron cadanseu vídeo en coordinación coa área de Igualdade municipal.
  • Colgaranse nas redes sociais e na páxina web do Concello e dos centros educativos.  

O Concello de Camariñas conmemorará outro ano máis o Día Contra a Violencia de Xénero que terá lugar este mércores, 25 de novembro, dando voz á mocidade e visibilidade ao traballo dos centros escolares.  

Como dende hai case dúas décadas, o Concello ven traballando, en colaboración cos centros educativos situados no termo municipal, a educación en igualdade e a eliminación da violencia de xénero. Neste 25N tan especial non quería deixan de reivindicar o fin da violencia de xénero.  

Coa colaboración dos centros escolares elaboráronse dous vídeos. No primeiro, son varios as mozas e mozos do IES Pedra da Aguia que opinarán sobre a violencia de xénero, a prevención, as sinais de alarma, as  vítimas, os cambios necesarios para chegar a posibles  solucións e como ven eles o futuro.  

Mentres que, nun segundo vídeo poderemos ver os traballos que nestes días se están facendo en varios centros educativos de educación e primaria do concello a prol dunha educación en igualdade e en contra da violencia de xénero.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, quixo agradecer “de xeito especial a colaboración desinteresada de dos ex-docentes do IES Pedra da Aguia, Silvia Lijó e Emilio Roca, que sempre están dispostos a colaborar”  

Estes vídeos serán colgados o mércores, 25 de novembro, nas paxinas web do Concello de Camariñas e dos centros escolares ademais das redes sociais.  


Defronte contra as violencias  
Ademais, o Concello de Camariñas adheriuse á campaña da Deputación da Coruña ‘De FRONTE’ en contra á violencia de xénero, centralizada a través da páxina web www.defronte.gal.  

Esta campaña propón unha serie de actividades virtuais, dada a situación de pandemia que estamos sufrindo, onde toda a cidadanía pode participar de un xeito ou outro. Desafíos poéticos, conferencias en liña, narracións e origami, contacontos….


© by Abertal