O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas comeza a instalar a iluminación para o Nadal en todas as parroquias 02/11/2020

O Concello de Camariñas comeza a instalar a iluminación para o Nadal en todas as parroquias

  • “Temos que aprender a convivir coa pandemia. O Nadal é unha época para desfrutar e é necesario incentivar a economía local”, explicou Sandra Insua.  

Nos últimos días o Concello de Camariñas comezou a instalar os diferentes elementos da iluminación para o Nadal, que avanzará pouco a pouco co obxectivo de que nas datas sinaladas chegue a a todas as parroquias do municipio.  

Instalaranse elementos decorativos tanto nas rúas como nas prazas e nos diferentes espazos públicos de todo o municipio. O goberno local decidiu manter esta tradición a pesar da situación epidemiolóxica actual xa que como explicou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, “temos que aprender a convivir coa pandemia. O Nadal é unha época para desfrutar, de ilusión, e a pesar do que estamos a pasar non podemos deixar de celebrala da maneira que sexa e incentivando a economía local”.  

A navidad e unha época de ilusión que a pesar do que estamos a pasar non podemos deixar de celebrar ainda que sea da maneira que sea!!  

Ademais, tal e como destacou a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro, “cremos que, con todo o que está a pasar a xente este ano, é máis necesario ca nunca manter a ilusión polo Nadal dos máis pequenos, que son os que mellor se están portando” e ademais “as luces sempre incentivan o consumo, neste caso no comercio e na hostalaría local, que son os sectores máis afectados”.


© by Abertal