O Concello

Departamentos

* Yolanda Román, gañadora da XXVI edición do Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra, participa na súa primeira colaboración coa revista HORIZONT 20/10/2020

Yolanda Román, gañadora da XXVI edición do Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra, participa na súa primeira colaboración coa revista HORIZONT

  • A nova deseñadora participou con nomes do mundo da moda como Sara Vigo.    

Yolanda Román, gañadora da XXVI edición do Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra, participou na súa primeira colaboración coa revista HORIZONT, concretamente no seu número 14. A nova deseñadora participou con nomes do mundo da moda, como Sara Vigo.  

Foi precisamente Vigo Rodiño quen se puxo en contacto con Yolanda, debido á calidade da súa colección, para propoñerlle esta colaboración. Coa auga como protagonista, xa que está realizada na Fervenza da Toxa, en Silleda, as prendas transmiten delicadeza e forza, como este elemento protagonista nas colaboración.  

Cabe destacar que esta colección, coa que Yolanda gañou o último concurso de Noveis Deseñadores que se celebrou, leva por bandeira o Encaixe de Camariñas, un elemento que outorga ás prendas distinción, coa artesanía das nosas palilleiras por bandeira.  

‘É a primeira vez que colaboro cunha revista, e facelo con este proxecto pareceume tremendamente positivo. Foron moitas horas de intenso traballo pero penso que pagaron a pena’, comenta Román.


© by Abertal