O Concello

Departamentos

* Camariñas ofrece dous cursos forestais gratuítos de xeito telemático 07/10/2020

Camariñas ofrece dous cursos forestais gratuítos de xeito telemático

·        Un trata sobre aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais e outro sobre a valorización de subprodutos forestais
·        Terán lugar o 14 e o 15 de outubro, respectivamente.  

O Concello de Camariñas oferta dous cursos gratuítos relacionados co sector forestal e abertos a todos os públicos, residentes ou non en Camariñas. Levaranse a cabo de xeito telemático e un trata sobre ‘Aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais’ e outro sobre ‘Valorización de subprodutos forestais’.  

Comezarán o 14 e o 15 de outubro, respectivamente, e os interesados ou interesadas poderán anotarse antes do comezo de cada curso a través do seguinte formulario  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAvPsofTNFQVnIkf8snK9aeSKb2P0PvA1Jaf67ZtMyTUo_EA/viewform?gxids=7628  

O curso sobre “Aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais” emitirase en directo os luns, mércores e venres do 14 ó 28 de outubro. Nesta acción formativa veremos, entre outras cousas, como obter as referencias catastrais das nosas parcelas, que visores nos permiten coñecer o seu estado respecto á normativa vixente, ou que aplicacións móbiles nos facilitan a localización e a planificación para unha boa xestión.  

Por outra banda, o curso sobre “Valorización de subprodutos forestais” celebrarase os martes e xoves do 15 de outubro ao 3 novembro. Nesta acción formativa veremos, entre outras cousas, distintos aproveitamentos forestais alternativos ou complementarios ós madeireiros, compatibles coa lexislación vixente, ou ferramentas que engaden valor as producións forestais.  

Máis información chamando á Casa de Pedra no teléfono 981 73 70 04 preguntando por Daniel.


© by Abertal