O Concello

Departamentos

* Comezan os traballos de renovación do pavimento en dous viais de Xaviña 07/09/2020

Comezan os traballos de renovación do pavimento en dous viais de Xaviña

  • A través dunha subvención do Agader financiarase a reparación do camiño de Agra de Bouzas e da pista de Agra de Bouzas a Gándara.  

O Concello de Camariñas comezou os traballos de renovación do pavimento en dous viais da parroquia de Xaviña: o camiño de Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara. O orzamento para estes traballos é de 39.592,19 euros que se cofinanciarán cunha subvención do Agader (a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) de 32.720,82 euros.  

Os traballos inclúen a roza da maleza das cunetas así como a limpeza e perfilado das mesmas. Posteriormente, prepararase o firme a pavimentar estendendo unha capa de zahorra artificial sobre as zonas con fochancas para nivelar o firme e despois reasfaltar os camiños cunha capa de aglomerado asfáltico en quente.  

Nos dous camiños municipais tamén se construirán salvacunetas para facilitar o acceso a parcelas agrícolas existentes a ambos lados dos mesmos.


© by Abertal