O Concello

Departamentos

* O Concello sinala a prohibición de amontoar pedras formando milladoiros nos seus espazos naturais 07/09/2020

O Concello sinala a prohibición de amontoar pedras formando milladoiros nos seus espazos naturais

  • Instaláronse carteis advertindo aos visitantes das posibles sancións que pode supoñer esta practica, con multas de ata 6.000 euros.
  • Esta medida foi unha das conclusións adoptadas polo campo de traballo levado a cabo no verán.  

O Concello de Camariñas decidiu iniciar unha loita decidida contra a costume de moitos visitantes de amontoar pedras formando milladoiros nos seus espazos naturais. Para iso, instalou carteis no Cemiterio dos Ingleses que sinalan a prohibición de esta práctica, que pode supoñer sancións de ata 6.000 euros.  

Os chamados milladoiros son perxudiciais tanto para a flora como para a fauna da zona na que se crean e ademais alteran a paisaxe. Deixan o chan descuberto, exposto ao sol e ás choivas; desprotexen a vexetación litoral do vento e a salinidade; modifican o hábitat da fauna endémica xa que estas pedras crean condicións especiais de temperatura e humidade; alteran o equilibrio ecolóxico dos hábitats litorais de interese comunitario; e deixan unha profunda alteración na paisaxe xa que, por exemplo, as praias de cantos rodados e espazos xeomorfolóxicos de Camariñas formáronse fai 8.200 anos durante unha breve subida do mar polo que é unha parte importante do patrimonio científico e natural.  

O obxectivo desta medida é que os visitantes non deixen a súa pegada nos espazos naturais xa que “todos temos dereito a coñecelo tal e como é”, explica a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.  

Esta medida foi unha das conclusións adoptadas polo campo de traballo de voluntariado levado a cabo no verán. Outra das súas decisións foi que os carteis estivesen castelán xa que ‘prohibido amorear pedras’ podería non ser entendido por todos os visitantes, obxectivo desta campaña.


© by Abertal