Os responsables do centro de saúde do Concello de Camariñas informaron á alcaldesa, Sandra Insua, de que actualmente no municipio hai:
- Un total de 2 casos positivo por COVID-19 cos conseguintes contactos que están a ser investigados.
- Desde o Concello queremos resaltar a importancia de manter as medidas de protección establecidas e coñecidas por todos: uso obrigatorio de máscara, distancia social, evitar aglomeracións e unha frecuente hixiene de mans.
- Tamén queremos transmitir a nosa forza e a nosa solidariedade cos contaxiados, que estamos seguros de que pronto pasarán a enfermidade.