O Concello

Departamentos

* Camariñas finaliza a reurbanización da rúa Río do Prado 01/09/2020

Camariñas finaliza a reurbanización da rúa Río do Prado

·        Construíronse as beirarrúas, instalouse o saneamento e pavimentouse a zona afectada.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, levaron a cabo o acto de recepción das obras de reurbanización da rúa Río do Prado, en Camariñas, que quedan así rematadas.  

O Concello de Camariñas continúa a súa aposta pola seguridade viaria e a mellora dos equipamentos no municipio. Así, na rúa Río do Prado levouse a cabo unha actuación valorada en 206.236,08 euros, financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña, co obxectivo de reurbanizar un tramo desta vía a través da construción de beirarrúas, a pavimentación e a dotación de saneamento e recollida de pluviais.  

A rede de saneamento de pluviais vai soterrada baixo as novas beirarrúas que se construíron en ambas marxes da estrada e coas que, xunto coa pavimentación, se pretende mellorar as condicións de seguridade e funcionalidade do tramo da rúa Río do Prado, que presentaba un grado de deterioro que impedía o seu uso normal tanto para os peóns como para vehículos.  

Sandra Insua amosouse satisfeita por rematar unha obra “moi demandada polos veciños e veciñas” e que “responde ás necesidades do día a día e ao compromiso do Concello de mellorar a seguridade viaria e os equipamentos en todas as parroquias do municipio”.


© by Abertal