O Concello remata as obras de reparación e asfaltado da rúa Seara e das súas travesías 28/08/2020
O Concello remata as obras de reparación e asfaltado da rúa Seara e das súas travesías
- A actuación, que contaba cun orzamento de preto de 40.000 euros, permitiu reparar e reasfaltar o pavimento da zona.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o tenente de alcalde, Sergio Caamaño, levaron a cabo o acto de recepción do proxecto de reparación e asfaltado do pavimento da rúa Seara e das súas travesías adxacentes, que xa finalizou.
A actuación contaba cun orzamento de 39.465,82 euros e consistiu nun primeiro momento no desbroce da maleza e na preparación do firme a pavimentar, reparando aquelas zonas onde o mal estado do firme o requira. Posteriormente, procedeuse a aplicar unha capa de aglomerado asfáltico.
A alcaldesa, Sandra Insua, expresou que “pouco a pouco van rematando unha serie de proxectos e obras que tíñamos en marcha e que se foron retrasando por mor da paralización dos prazos administrativos como consecuencia da COVID-19”.