O Concello

Departamentos

* Camariñas establecerá un servizo de control de aforo na praia de Arou 10/08/2020

Camariñas establecerá un servizo de control de aforo na praia de Arou


Desde hoxe, venres 7 de agosto, e ata finais deste mes os bañistas que acudan á praia de Arou durante a fin de semana atoparanse cun servizo de control de aforo contratado polo Concello de Camariñas para preservar a seguridade no areal.  

O goberno local contratou unha empresa de seguridade para desenvolver este operativo que constará dun vixiante, desprovisto de arma, do 7 ao 31 de agosto os venres, sábados e domingos desde as 16 ata as 20 horas. Prestarase sempre en coordinación coas forzas e corpos de seguridade.  

O obxectivo desta medida é controlar o acceso e o aforo da praia do municipio que conta, outro ano máis, con bandeira azul. Así, búscase loitar contra a transmisión da COVID-19 preservando a seguridade e o distanciamento social dos asistentes.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explicou hoxe que o servizo levarase a cabo “na praia máis frecuentada de Camariñas, no mes de maior afluencia e nos días que máis visitantes acolle o areal co obxectivo de evitar aglomeracións e protexer a saúde de todos os asistentes”.


© by Abertal