O Concello

Departamentos

* ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE MOCIDADE NO OBRADOIRO DE EMPREGO DE GARANTIA XUVENIL” XUVENTUDE POLO EMPREGO” 30/07/2020

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE MOCIDADE NO OBRADOIRO DE EMPREGO DE GARANTIA XUVENIL” XUVENTUDE POLO EMPREGO”

QUE É “MOCIDADE POLO EMPREGO ?

Un programa mixto de emprego-formación  para a mocidade desempregada,  preferentemente dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, incluída no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil que cumpra os requisitos que se establecen. Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e promovido polo Concello de Vimianzo en convenio cos concellos de Camariñas e Muxía

QUE DURACIÓN E CANTAS PRAZAS?

O Obradoiro terá unha duración de 12 meses e o alumnado seleccionado asinará un contrato para a formación e o aprendizaxe con salario mínimo interprofesional para formarse e executar as obras previstasA sede estará no Concello de Vimianzo e o inicio previsto é o 15 de setembro de 2020Conta cun total de 16 prazas (8 por especialidade):
·         INSTALACION DE ELEMENTOS DE CARPINTERIA(MAMS0108)Certificado de profesionalidade Nivel 2
·         DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXIA WEB (IFCD210). Certificado de profesionalidade Nivel 3

QUE MOCIDADE PODE PARTICIPAR?

Persoas entre 18 e 29 anos
·         inscritas no ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil e código 41 na oficina de emprego
·         inscritas como demandantes de emprego no servizo público de emprego
·         Con demanda para participar en Obradoiro de Emprego, Escolas Obradoiros ou Casas de Oficio
·         Coa titulación/ requisitos formativos obrigatorios para participar
·         Que cumpran os requisitos para ser contratadas en formación/aprendizaxe

QUE FORMACION DEBEN TER AS PERSOAS SOLICITANTES?

Para acceder á especialidade de INSTALACION DE ELEMENTOS DE CARPINTERIA (certificado de profesionalidade N.2)Posuer un destes requisitos:

  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.(ESO)
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superada a proba de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter superado as COMPETENCIAS CLAVES N. 2. (matemáticas, galego e castelán)
Para  acceder á especialidade DESENVOLVEMENTO DE APLICACIONS CON TECNOLOXIA WEB. (certificado de profesionalidade N.3)Posuer un destes requisitos:
  • Título de Bacharel.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 3.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superada a proba de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter superado as COMPETENCIAS CLAVES NIVEL 3. (matemáticas, galego e castelán)
 COMO  INSCRIBIRSE E INFORMARSE?

·         SERVIZO DE ORIENTACION DOS CONCELLOS DE CAMARIÑAS E VIMIANZO
Praza de Insuela S/N de Camariñas
981737004
margarita.seijas@camarinas.net
Para evitar desprazamentos innecesarios á oficina de emprego recomendase contactar previamente con este servizo municipal  

·         SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO DE CEE
pedindo cita previa no seguinte link; https://emprego.xunta.es/citaprevia

Descargas relacionadas


© by Abertal