PROCESO SELECTIVO INGRESO CORPOS POLICÍA LOCAL 15/07/2020
PROCESO SELECTIVO INGRESO CORPOS POLICÍA LOCAL
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de xullo de 2020 unha orde pola que se convoca proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.
Prazas: 73 categoría de policía, quenda de oposición libre e 18 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1
As prazas non cubertas pola quenda de concurso acumularanse á quenda de oposición libre.
Os códigos dos procedementos regulados nesta orde é PR461B (oposición libre) e PR461D (concurso)
Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG
Taxa dereitos de exame: 32.48 € (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa)
Requisitos das persoas aspirantes:
- Nacionalidade española
- Ter feitos os 18 anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015
- Estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres
- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico.
- Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B
- Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que o/a aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidos
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da policía local
As persoas interesadas en participaren neste proceso, na quenda de concurso, deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:
- Ter en propiedade a categoría de policía noutros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Contar cunha antigüidade mínima de 3 anos nesa categoría e deberalles faltar como mínimo 12 anos para o paso previsto á situación de segunda actividade.
MÁIS INFORMACIÓN:
ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200710/AnuncioG0244-080720-0003_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00