A aula Raquel Moreira Carril do MECAM Museo Encaixe Camariñas acolleu hoxe recoñecemento do Concello de Camariñas ás 50 voluntarias que coseron as 15.000 máscaras que se repartiron durante o confinamento.
No acto, no que estiveron presentes todos os grupos da corporación municipal, entregóuselles un pequeno detalle polo traballo que levaron a cabo nun momento tan difícil. A alcaldesa, Sandra Insua, deulles as grazas pola súa "impagable labor no peor momento da pandemia" e destacou que "erixíronse como unhas verdadeiras heroínas de Camariñas".
A rexedora quixo tamén invitar ao acto aos representantes de Correo aos que lles agradeceu a súa colaboración xa que "se encargaron de repartir as máscaras casa por casa de xeito toalmente gratuíto".
Ademais, aproveitou a presenza do resto dos grupos da corporación para eloxiar "a súa labor durante o confinamento, colaborando sempre no que fixo falta".