O Concello

Departamentos

* Acto de entrega das bandeiras azuis 22/06/2020

Acto de entrega das bandeiras azuis

A alcadesa de Camariñas, Sandra Insua, asistiu hoxe ao acto de recollida das bandeiras azuis celebrado en Laxe.

O Concello de Camariñas é o único da comarca que conseguiu os catro distintivos azuis que outorga anualmente a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), repetindo así os resultados acadados o pasado ano.

Na categoría de praias o areal de Arou obtivo a ‘Bandeira azul’, o Museo Man de Camelle conseguiu o de ‘Centro Azul’,  o Club Náutico de Camariñas o de ‘Porto Azul’ e a ruta litoral de Camariñas o de ‘Sendero Azul’.


© by Abertal