O Concello de Camariñas publica a contratación de cinco peóns 15/06/2020
O Concello de Camariñas publica a contratación de cinco peóns
- O prazo para participar na convocatoria remata o venres 19 de xuño.
O Concello de Camariñas publicou hoxe o proceso de contratación de 5 peóns que se dedicarán a diferentes tarefas de instalación, mantemento e medioambientais. O prazo para participar na convocatoria remata o venres 19 de xuño e as bases xa están na sede electrónica municipal.
Esta contratación esta subvencionada a través do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020. Os traballadores encargaranse de labores como a protección e mantemento de espazos naturais, mellora medioambiental e equipamento de recollida de residuos.