O Concello

Departamentos

* Obradoiros de Conciliación e de Actividades Náuticas 08/06/2020

Obradoiros de Conciliación e de Actividades Náuticas

  • Dende o Concello de Camariñas estamos a estudar a posibilidade de levar a cabo uns obradoiros de conciliación e de actividades náuticas para que os pais e nais dos nenos e nenas do Concello podan seguir desenvolvendo as súas diferentes labores profesionais.

Todo o mundo é consciente da realidade que estamos a pasar e da dificultade que conleva só plantexar dito tipo de actividades, as cales  como ben sabedes, para poder desenvolvelas, debemos ter por unha banda a autorización das autoridades pertinentes e por outra estar absolutamente seguros que poderíamos cumprir cos protocolos e necesidades de persoal e material que se nos esixan.

Obradoiros de conciliación:  (IDADES nados entre 2016 e 2008 ambos inclídos)

Coa ilusión de poder facer fronte a este desafío e para saber a demanda real de ditas actividades, tedes que cumprimentar o formulario para o obradoiro de conciliación que está no seguinte enlace : 
https://docs.google.com/forms/d/1667ZAyieYkymRjuI5xDcjEs3M6ZsKS77esIny3QiLeM/edit?usp=sharing.

Tedes de prazo dende hoxe luns día 8 de xuño ata o 14 de xuño ás 23´59h, as pre inscrpcións posteriorers a esa data NON SE TERÁN EN CONTA.
 


Actividades náuticas: (destinado a persoas nadas entre 2007 e 2004 ambos incluídos)

Para o obradoiro de actividades Náuticas que está no enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1FzT8l7dCZV13RCCau9ue4oKcNbEstPk17e7JjtMfJ5w/edit?usp=sharing.

Tedes de prazo dende hoxe luns día 8 de xuño ata o 14 de xuño ás 23´59h, as pre inscrpcións posteriorers a esa data NON SE TERÁN EN CONTA.

Tamén queremos deixar claro dende o Concello, que o feito de que se abra dito período de pre inscripción, non podemos nin debemos asegurar que se vaian a desenvolver ditas actividades, no preciso instante que poidamos asegurar que si o poderemos levar a cabo se cominicará vía email, xeito de concretar a inscrición definitiva e procedemeto para a mesma.


© by Abertal