O Concello de Camariñas abre mañá o prazo de preinscrición para os campamentos "Concilia" de verán e de actividades náuticas 08/06/2020
O Concello de Camariñas abre mañá o prazo de preinscrición para os campamentos
- Desde a administración local apuntan que ‘cando os protocolos de actuación sexan oficiais, lanzaremos o periodo de inscrición’.
O Concello de Camariñas abre mañá, luns 8 de xuño, o prazo para preinscribirse nos campamentos ‘Concilia’ de verán e de actividades náuticas. Desde a administración local apuntan que ‘cando os protocolos de actuación sexan oficiais, lanzaremos o período definitivo de inscrición’.
Desde o Consistorio camariñán estase a estudar a posibilidade de levar a cabo unha serie de obradoiros para que os pais e nais dos nenos e nenas do Concello poidan seguir desenvolvendo as súas ocupacións laborais con maior facilidade.
Plantexar actividades deste tipo require a autorización das entidades competentes, xa que deben estar claros os protocolos e as necesidades do persoal, así como o material a esixir.
Coa ilusión de poder facer fronte a este desafío, o Concello lanza un formulario en liña, que se pode cumplimentar desde o sitio web da administración e tamén desde a páxina de Facebook.
O prazo remata o 14 de xuño ás 23:59 horas. Desde o Concello queren aclarar que ‘o feito de que se abra dito período de preinscrición, non asegura o correcto desenvolvemento destas actividades. No preciso instante que poidamos asegurar que si o poderemos levar a cabo se comunicará por enderezo electrónico, xeito de concretar a inscrición e procedemeto para a mesma.’