O Concello

Departamentos

* Camariñas distribúe unha guía coas medidas de protección e seguridade para a hostalaría local 01/06/2020

Camariñas distribúe unha guía coas medidas de protección e seguridade para a hostalaría local

  • Está validada polos inspectores de Sanidade da comarca de Soneira que impartiron a charla informativa a pasada semana.
  • Inclúe indicacións como o uso adecuado dos aseos, a forma de pago, non mover de sitio as sillas e mesas...
  • “Os hostaleiros pedíronnos esta guía para poder seguir todos unhas normas comúns nos seus locais”, explicou Sandra Insua.  

O Concello de Camariñas comezou a repartir entre os establecementos hostaleiros do municipio unha guía sinxela e explicativa coas principais medidas de protección e seguridade que deben seguir os clientes desde que entran no local ata que saen.  

A guía, que está validada polos inspectores de Sanidade da comarca de Soneira que impartiron a charla informativa para todo o tecido empresarial do municipio, foi unha da petición que fixo o sector nese encontro segundo explicou a alcaldesa, Sandra Insua, que precisou que “os hostaleiros pedíronnos esta guía para poder seguir todos unhas normas comúns nos seus locais”.  

Nos carteis inclúense as principais medidas que deben seguir as persoas que acudan a calquera establecemento hostaleiro de Camariñas. Son: agardar a ser acomodado polo persoal, non mover de sitio as cadeiras e as mesas, manter sempre a distancia social, utilizar o xel hidroalcohólico a disposición, utilizar os aseos individualmente e realizar o pago con tarxeta sempre que sexa posible.


© by Abertal