O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS 13/05/2020

LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de maio de 2020 pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario.  

Categorías: 

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Técnico/a superior en dietética e nutrición
  • Técnico/a superior en documentación sanitaria
  • Técnico/a superior en hixiene bucodental
  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • Técnico/a superior en radioterapia
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
  • Técnico/a en farmacia 

Apróbase e dáse publicidade á lista definitiva de admitidos/as na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, de conformidade co punto cuarto da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 13 de febreiro de 2020 (DOG núm 36, do 21 de febreiro). 

As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano. 

De conformidade coa disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo (BOE núm 51, do 14 de marzo), polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o cómputo dos prazos de interposición de tales recursos iniciarase no momento en que perda vixencia este real decreto ou, de ser o caso, as prórrogas do mesmo. 

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da súa publicación.  

RESOLUCIÓN DO DOG: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200512/AnuncioG0003-070520-0001_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal