O Concello

Departamentos

* O Concello inicia nas súas redes unha campaña para promocionar o turismo de proximidade 07/05/2020

O Concello inicia nas súas redes unha campaña para promocionar o turismo de proximidade

  • A acción, denominada ‘Camariñas Agárdate’, quere resaltar o patrimonio material e inmaterial do municipio e que para moitos aínda está por descubrir.
  O Concello de Camariñas quere destacarse como punto de atracción turística en Galicia, adaptándose ao turismo de proximidade que se prevé que predominará trala contención da expansión da COVID-19. Para iso dará inicio nas súas redes a partir de mañá, venres 8 de maio, á campaña ‘Camariñas Agárdate’.  

Esta acción, que se levará a cabo de xeito coordinado e simultáneo en todas as redes sociais do Concello (Facebook, Twitter e Instagram), ten como obxectivo “resaltar o abundante patrimonio material e inmaterial co que conta Camariñas e que para moitos aínda está por descrubrir”, explicou a alcaldesa, Sandra Insua.  

Así, a través destes perfís na rede, difundiranse día a día imaxes do Cabo Vilán, do Museo Man de Camelle, das tres etapas do Camiño dos Faros, das rutas de sendeirismo, das fermosas praias ou das parroquias pero tamén da tradición do encaixe, da danza de arcos, da internacional Mostra do Encaixe de Camariñas, das festas...  

Preténdese dar continuidade ás chamadas deste estilo que se veñen facendo na conta do Facebook de Turismo do Concello, ‘Camariñas todo mar’, que desde o comezo do Estado de Alarma lembrou aos veciños e veciñas de Camariñas, e ás persoas que valoran a Camariñas como un destino turístico atractivo, todo o fermoso que ofrece o seu territorio e que estaba a agardar a que puidese ser visitado.


© by Abertal