O Concello

Departamentos

* O Concello comeza as obras de reparación e asfaltado da rúa Seara e das súas travesías 06/05/2020

O Concello comeza as obras de reparación e asfaltado da rúa Seara e das súas travesías

·        A actuación, que conta cun orzamento de preto de 40.000 euros, permitirá reparar e reasfaltar o pavimento da zona.  

O Concello de Camariñas levou a cabo os traballos previos de replanteo para o inicio do proxecto de reparación e asfaltado do pavimento da rúa Seara e das súas travesías adxacentes, que comezarán hoxe.  

A actuación conta cun orzamento de 39.465,82 euros e consistirá nun primeiro momento no desbroce da maleza e na preparación do firme a pavimentar, reparando aquelas zonas onde o mal estado do firme o requira. Posteriormente, procederase a aplicar unha capa de aglomerado asfáltico.  

A alcaldesa, Sandra Insua, visitou a rúa Seara para dar conta do inicio dos traballos e expresou a súa alegría por ver que “pouco a pouco se pode ir retomando a actividade habitual do Concello, sempre seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e mantendo as medidas de protección requeridas”.


© by Abertal