Procedemento para a solicitude do subsidio extraordinario para empregadas de fogar 05/05/2020
Procedemento para a solicitude do subsidio extraordinario para empregadas de fogar
Fonte: Servicio Público de Empleo Estatal www.sepe.es
Publicada no BOE de 4 de maio de 2020 Resolución do SEPE pola que se desenvolve o procedemento para a tramitación de solicitudes do Subsidio Extraordinario por falta de actividade para as persoas integradas no Sistema Especial para Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.
Persoas beneficiarias deste subsidio extraordinario
Poderá solicitalo si antes do 14 de marzo, vostede traballaba como empregada de fogar e estaba dada de alta na Seguridade Social, e a declaración do estado de alarma do 14 de marzo, afectoulle nun ou varios dos traballos que realizaba como empregada de fogar, dalgunha destas dúas formas para evitar o risco de contaxio por coronavirus:
- O seu empregador/titular do fogar reduciulle o número de horas da súa xornada total o parcialmente.
- O seu empregador/titular do fogar despediuna ou finalizou o seu contrato por causas alleas a vostede.
Prazo de presentación
A partir do día 5 de maio ata o día en que finaliza o mes seguinte ao día de fin da vixencia do estado de alarma.
Onde podo presentar a solicitude? A través de que canles?
Presencial: Vostede poderá descargar e imprimir a solicitude e presentala en calquera oficina de asistencia en materia de rexistros ou nas oficinas de correos, dirixíndoa a
Unidad Subsidio Empleadas Hogar. Dirección General del Servicio Público de Empleo Estatal, Calle Condesa de Venadito Nº9, 28027-Madrid. Para descargar e imprimir a solicitude NON necesita DNI electrónico, certificado electrónico oo Cl@ve
ONLINE: Pode presentar a súa solicitude online na
SEDE do Servicio Público de Empleo Estatal, sempre que dispoña de DNI electrónico, certificado electrónico ou Cl@ve.
Como debo presentar a solicitude? Que documentación necesito?
Debe realizar a solicitude online mediante a SEDE ou de xeito manual enchendo o formulario dispoñible na web do SEPE: “Solicitude de subsidio extraordinario sistema especial empregados do fogar (COVID-19)”, documento pdf que permite enchelo online ou ben descargalo e imprimilo. Ademais, necesitará achegar fotocopia dun documento que acredite a súa identidade e a de todos os seus empregadores e unha Declaración Responsable dos seus empregadores/titulares do fogar (segundo modelo dispoñible na web do SEPE "Declaración responsable da persoa empregadora de persoas traballadoras do Sistema Especial para Empregados de Fogar", ou ben a carta de despido ou acreditación da súa baixa na Seguridade Social.
Canto dura este subsidio?
Dende a data en que debido á crisis do coronavirus, o seu empregador de fogar lle deu de baixa na Seguridade Social ou lle reduciron a xornada, segundo conste na Declaración Responsable, ata un mes despois do fin da vixencia do estado de alarma (ou ata a data en que vostede se reincorporou ao seu trabalo coa xornada habitual) sempre que durante todo o período se manteñan os requisitos exixidos para ser beneficiario.
Cal é a contía do subsidio?
A contía determinarase aplicando o 70% á base reguladora correspondente á actividade que deixara de realizar, sen poder superar o límite de 950 euros (SMI), excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.Ademais, a contía tamén dependerá dos ingresos que perciba pola realización doutros traballos e da redución que estes sufriran.
Hai situacións incompatibles co subsidio?
Son varias as situacións incompatibles con este subsidio como por exemplo ser beneficiario dunha prestación por incapacidade temporal ou do permiso retribuído recuperable, así como a realización de traballos polos que perciba ingresos superiores a 950 euros, etc.
Pode consultar toda a información no espazo dedicado ao
subsidio extraordinario para persoas empregadas de fogar nas
medidas COVID19 da web do SEPE.