Guía de prácticas de mindfulness para nen@s e adolescentes 04/05/2020
Guía de prácticas de mindfulness para nen@s e adolescentes
Despois da edición da Guía de prácticas de mindfulness para momentos de estrés elaborada polo grupo de emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía, que xa se distribuíu hai dúas semanas, edítase esta nova dirixida a nenos e nenas e adolescentes.
Unha guía para iniciarse na práctica do mindfulness adaptada as distintas idades.
A intención desta guía é a de proporcionar novas ferramentas que podan contribuír a reducir o malestar que podan sentir polas novas situacións e realidades que lles toca vivir aos nosos nenos, nenas e adolescentes.
A psicóloga do concello é unha das tres persoas que a elaboraron.