Neste apartado podes atopar información sobre as medidas máis salientables e os enlaces directos á documentos e tramitación.
Máis información:
Área de Desenvolvemento Local de Camariñas
adl@camarinas.net
Teléf. 653 258 465
AXUDAS
Prestación extraordinaria por cese de actividad para autónomos. Para autónomos que teñan a obriga de pechar ou con caída de ingreso dun 75%. Para tramitala debe facerse coa Mutua de Accidentes da empresa ou no seu defecto co SEPE. Tfn 900 812 401
Expedientes regulación temporal de emprego (ERTEs). Suspensión de contratos ou redución temporal da xornada de traballo nas empresas afectadas Tfn información: 900 815 600
Máis información sobre Ertes
Ertes forza maior
Ertes por causas económicas, técnicas ou organizativas
Prestación da Seguridade Social. O persoal contratado e autónomos afectados polo virus COVID-19 terán consideración, só para prestación económica, de baixa por incapacidade temporal (tanto os períodos de illamento como os de contaxio). A prestación será dol 75 % da base reguladora (cotización do mes anterior, sen horas extras) dende o primeiro día.
Subsidio extraordinario temporal para empreadas/os de fogar . Terán dereito a esta prestación as persoas en alta como empregadas do fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma que teñan deixado de prestar servizos total ou parcialmente para reducir o risco de transmisión do Covid-19. Tamén as que foran obxecto de despido ou desestimento de contrato durante a crise sanitaria . Pode solicitarse dende 5 de maio
Subsidio desemprego para traballadores temporais que os seus contratos finalizaran e non tiveran dereito a prestación. Poden solicitalo as persoas con contrato como mínimo de dous meses que se extinguira tras a entrada do estado de alarma e non contasen con cotizacións suficiente para acceder á prestación por desemprego. Pode solicitarse dende o 5 de maio
CRÉDITOS SUBVENCIONADOS
Liñas de avais ICO para empresas afectadas polo COVID-19.
Tramitase nas entidades bancarias.
Máis información.
Préstamos IGAPE COVID-19.
+ Información 900 81 51 51 ou 981 54 11 47.
A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
Creditos IGAPE para proxectos de reorganización fabricar equipamento sanitario
Liña de financiamento ICO para las empresas turísticas, cunha garantía parcial do 50% do Ministerio.
Outras liñas de financiación.
Bonificacións, suspensións e Moratoria de aluguer con arrendadores gran tenedores ou empresas ou entidades públicas de vivenda .
No prazo dun mes poderá solicitarse ás persoas arrendadoras cando sexa unha EMPRESA OU ENTIDADE PÚBLICA DE VIVENDA OU GRAN TENEDOR (persoa con máis de 10 inmobles urbans, excluindo garaxes e trasteiros, ou unha supertifice construida de máis de 1.500 m2) . deberá ser aceptada obrigatoriamente se non tivera acadado con anterioridade un acordo de moratoria ou redución de redas. Esta moratoria afectará ao tempo que dure o estado de alarma e as súas prórrogas. E como máximo 4 meses. Este aprazamento non terá penalización, nin devengo de interese. Que terá que devolverse ata en 2 anos dende o levantamento do estado de alarma e dentro do periodo do contrato de aluguer.
Solicitude de aprazamento temporal do arrendamento e acordo voluntario no caso de outros arrendadores
No caso de que o contrato de aluguer se teña feito con outro tipo de arrendador que non sexan grandes tenedores ou empresas públicas (persoa física con menos de 10 inmobles en aluguer) Non HAI obriga por parte do arrendador. Pero sí poderá solicitar o arrendado , no prazo dun mes, o aprazamento do pago da renda ou unha rebaixa na renda no caso de que xa non estivera acordado. Neste caso se permite a fianza do aluguer para afrontar a renda pendente.
Moratoria para autónomos da hipoteca. Pódese atrasar de un a tres meses o pago das cotas do préstamo hipotecario que se destine a inmobles afectos á actividade económica e dos non garantidos con hipoteca. Acreditando a situación de vulnerabilidade: perda de ingresos ou facturación mínima dun 40% . Tramitase nas entidades bancarias coas que se ten o crédito hipotecario.
Moratorias pago coa Seguridade Social para cotizacións de traballadores, empresas e autónomos.
Bonificación do 50% das cotas empresariais á S. Social nos contratos fixos descontinuos para os contratos de febreiro a xuño para turismo, comercio e hostalería.
Moratorias e aprazamentos da Axencia Tributaria Moratoria de pagamento de impostos durante 6 meses sen intereses de demora durante os tres primeiros: retencións del IRPF, cotas repercutidas do IVE e pagamentos fraccionados do Imposto de.
Suspensión de pagos enerxéticos, subministro, cambio de potencia para pemes e autónomos. Mecanismo facilita e axuda aos autónomos e empresas co subministros eléctricos e de gas durante o estado de alarma. Debe realizarse coas empresas subministradoras: endesa, Naturgy , etc.
OUTRAS MEDIDAS
Permiso retribuído recuperable. O persoal traballador por conta allea que tiña a obriga de non ir a traballar, ou non puideron desprazarse ao traballo nin estiveran teletraballando dende o 30 de marzo e o 9 de abril, desfrutarán dun permiso retribuído e recuperable. Polo que percibirán nestes días o salario en condicións normais abonados polas súas empresas. Aínda que deberán recuperar as horas perdidas, previa negociación, antes del 31 de decembro de 2020. As e os traballadores dos sectores esenciais non entra neste permiso retribuído xa que tiñan permiso para realizar a súa actividade.
Restricións do despido de persoas contratadas durante o estado de alarma. Os traballadores non poderán ser despedidos por forza maior nin por causas económicas, técnicas, organizativas. A indemnización neste caso será de 20 días de salario por ano, cun máximo de 12 meses Si que pode haber despido disciplinario e improcedente. O despido improcedente terá indemnización de 33 días de salario por ano traballado, ou 45 días si o contrato foi asinado antes do 21 de febreiro de 2012. O despido disciplinario non implica indemnización.
Compatibilidade de cobros de prestacións e contratación en actividade agraria. Medida de flexibilización pola necesidade de sector agrario na crise de COVID-19. Esta contratación é compatible coa prestación por desemprego derivada de ERTE por causa económica, técnica e de produción, con calquera prestación por desemprego e coa prestación de cese de actividade dos autónomos excepto por causa do COVID-19. Os ingresos obtidos non se contaran para os limites de rendas establecidos polas prestacións da Seguridade Social
INFORMACIÓN DE INTERESE
· Consultas e preguntas frecuentes sobre Industria e PEME
· Guia para comercios e venda a domicilio
· Consultas e preguntas frecuentes sobre Comercio
· Consultas e preguntas frecuentes sobre Turismo e hostalería
· Instrucións, protocolos e medios de contacto da Consellería do Medio Rural
· Creación de mercaproximidade da Xunta para venda de productos agrogandeiros
· Outra información de interese para autónomos
· Plataforma gratuíta da xunta GOHU. Aplicación con información para empresas sobre axudas e lexislación ou novidades do COVID-19
+ Información teléfono 665 919 781 hola@gohu.es
+ Enlace app para IOS
+ Enlace app para Android
· Normas para apertura de mercados. Resumo
MEDIDAS MUNICIPAIS
- Os servizos municipais da Área de desenvolvemento local atende por teléfono e correo electrónico todas as consultas e asesora en materia de axudas e subvencións.
- Para consumo, vivenda,... chamar ao 653 264 990 (Emilio González)
- Para as axudas a emprendedores e empresas ao 653 258 465 (María Jiménez).
- Para consultas sobre busca de emprego ou desemprego 653 260 746 (Margarita Seijas)
- Campaña #CamariñasReactívase
- Plan de Reactivación económica e desenvolvemento da Costa da Morte