O Concello

Departamentos

* O Concello substitúe a antiga veleta do paseo marítimo de Camelle por unha nova de aceiro inoxidable 24/04/2020

O Concello substitúe a antiga veleta do paseo marítimo de Camelle por unha nova de aceiro inoxidable

·        A réplica xa está fabricada e instalarase ao longo do día de hoxe.  

O Concello de Camariñas está a acometer hoxe a substitución da antiga veleta do paseo marítimo de Camelle por unha réplica nova fabricada en aceiro inoxidable e que estará instalada no mesmo lugar que a anterior antes de que remate o día.  

A antiga veleta, situada ao final do paseo marítimo, estaba moi deteriorada e, ao comezo desta lexislatura, o goberno local solicitara á Demarcación de Costas a súa substitución dentro dunha lista de actuacións urxentes en Camelle entre as que tamén se atopaba o amaño da pérgola do paseo marítimo e a renovación do palco da música.  

No seu momento Costas dixo que se encargaría do palco da música e que daba autorización ao Concello para que executase os outros traballos. Desde aquela, retirouse a pérgola para evitar desprendementos e encargouse a fabricación da nova veleta, que finalizou recentemente.  

O primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, expresou o seu desexo de que “os veciños e veciñas de Camelle, e de todo Camariñas, podan visitar a nova veleta o antes posible”.


© by Abertal