O Concello

Departamentos

* A campaña de trampeo para reducir a formación de niños de vespa velutina está a ser máis efectiva que no 2019 22/04/2020

A campaña de trampeo para reducir a formación de niños de vespa velutina está a ser máis efectiva que no 2019

·        Polo momento capturáronse 5.190 raíñas, cando o ano pasado a estas alturas atrapáranse 2.099.
·        A alta mellora nos datos ten que ver coa previsión, xa que en 2020 a campaña comezou un mes antes.
·        Desde o Concello lembran que o trampeo é esencial para evitar a formación de futuros niños.  

A crise sanitaria motivada pola expansión da COVID-19 que estamos a vivir non fixo que se detivese a campaña de trampeo para loitar contra a vespa velutina que iniciou o Concello de Camariñas no mes de febreiro. Os datos obtidos polo momento confirman que está a ser un éxito, con 5.190 raíñas desta especie invasora capturadas polos operarios municipais encargados da tarefa.  

A cifra de capturas é moito maior que a que se tiña no 2019 a estas alturas, cando no mes de abril se tiñan atrapadas 2.099 raíñas. Unha diferencia de 3.091 vespas que ten que ver coa previsión, xa que este ano se decidiu comezar a campaña un mes antes.  

A campaña de trampeo do ano pasado rematou no mes de xullo con 9.854 raíñas de vespa velutina atrapadas polo que se agarda que, cando remate a actual, a cifra sexa moito maior. Desde o Concello de Camariñas lembran que “o trampeo é esencial xa que elimina a raíña e reduce a formación de futuros niños”.  

As trampas, de índole caseira, consisten nunha mestura de alcoles con substancias doces, como o vermú, viño blanco, zume de arándanos, e diversas variedades de alcol branco, como poden ser a xinebra ou o ron. De momento este tipo de mecanismo está a ter unha grande efectividade.  

Estes elementos colócanse nas árbores con flor, onde a velutina se achega para polinizar as flores. Especialmente nas árbores con camelia, un dos favoritos do insecto.


© by Abertal