· Están dirixidas a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos.
· Para a súa fabricación utilizouse material TNT de triple capa, aumentando a protección.
· Serán repartidas a domicilio a través de Protección Civil.
Na comisión de seguimento da evolución da COVID-19 en Camariñas celebrada hoxe, xoves 16 de abril, informouse de que o Concello comezou a fabricar máscaras infantís artesanais a través das máis de 50 voluntarias coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe.
Estas máscaras están dirixidas a nenos e nenas do municipio de entre 2 e 14 anos e serán feitas con Tejido No Tejido (TNT) de triple capa, aumentando así a protección con respecto as xa fabricadas para os adultos, que eran de doble capa.
As costureiras están a fabricar diferentes modelos de distintas tallas para poder adaptarse aos rangos de idade anteriormente indicados. Para a súa confección a Floristería Alecrín doou 80 metros de tela TNT e 18.000 alambres. A tela neste caso é de cores para que esteticamente sexan máis vistosas.
Prevese que estas máscaras infantís estean rematadas xa a próxima semana e así poder entregalas en cada fogar aproveitando o reparto de libros e material escolar que fará Protección Civil.
A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que esta iniciativa ten un doble obxectivo “por un lado estamos pensando en protexer aos máis pequenos para cando se vaian levantando as medidas do confinamento e poidan saír outra vez ás rúas e, polo outro, queremos que sintan que tamén pensamos neles e na súa saúde xa que seguramente moitos deles estarán vendo aos seus pais ou nais coa máscara posta estes días e non hai ningunha para eles”.
Outros temas da comisión
Na comisión de seguimento da evolución do Coronavirus tamén se trataron outros temas. Ademais do informe habitual das actuacións das forzas de seguridade e tamén das labores de desinfección que están a levar a cabo os operarios municipais, falouse de: