O Concello

Departamentos

* O Concello fará chegar o material educativo dos centros ás casas do alumnado 15/04/2020

O Concello fará chegar o material educativo dos centros ás casas do alumnado

·        O reparto levarase a cabo a través de Protección Civil.  

A educadora de adultos do Concello de Camariñas púxose en contacto coa dirección dos tres centros educativos do municipio (IES Pedra da Aguia, CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto) para coñecer as súas necesidades e coordinar o reparto de material lectivo entre o alumnado.  

Así, a través de Protección Civil, cada alumno ou alumna recibirá nas súas casas o material que estimen convinte os centros educativos para que poidan seguir desenvolvendo as diferentes materias do curso. Desde traballos e fichas impresas para o alumnado que non ten acceso a Internet nos seus fogares ata apuntes para o alumnado con necesidades especiais.  

A educadora encargarase de organizar este sistema, de xeito que ela será a que reciba as peticións dos centros e colocará o material de cada alumno ou alumna en bolsas independentes nas que se porá un cartel coa dirección do domicilio no que se teñen que entregar. Estas bolsas agruparanse por parroquias e deixaranse nunhas mesas na entrada de cada centro para que os operarios de Protección Civil o recollan e comecen o reparto.  

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que este é un servizo “moi necesario xa que non todas as familias dispoñen dos mesmos medios nas súas casas para desenvolver o curso de xeito telemático con todas as garantías e en igualdade de condicións”.


© by Abertal