O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas reforza a limpeza nos supermercados 03/04/2020

O Concello de Camariñas reforza a limpeza nos supermercados

·        O persoal do servizo de limpeza dos edificios municipais está a axudar nas tarefas de desinfección.  

O Concello de Camariñas reforzou desde esta semana os traballos de limpeza e desinfección en todos os supermercados do municipio. Faino ao trasladar ao persoal do servizo de limpeza que se ocupaba dos edificios municipais.  

Así, o persoal de limpeza que estaba traballando nos centros educativos, pavillóns, mercado e cemiterio continúa agora a súa labor apoiando aos operarios municipais desinfectando e limpando as entradas dos establecementos de acceso público (supermercados, panadarías, farmacias, estancos, gasolineira...) e tamén os vehículos municipais e o almacén.  

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que “este reforzo permite mellorar as tarefas de desinfección e, ademais, fai que aproveitemos a todo o persoal dispoñible xa que, como é obvio, agora os edificios municipais están pechados”.


© by Abertal