O Concello

Departamentos

* Datos da comisión de seguimento da COVID-19 03/04/2020

Datos da comisión de seguimento da COVID-19

Hoxe tivo lugar, a través de vídeo chamada, outra reunión máis da comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en Camariñas. Deuse conta, entre outras cousas, de:

  • Desde o comezo do Estado de Alarma as forzas de seguridade identificaron a 128 persoas, interceptaron 17 vehículos e elevaron 6 propostas de sanción.
  • Os operarios municipais seguen traballando na #desinfección dos espazos publicos máis concorridos e do mobiliario.
  • Entre hoxe e mañá rematará a desinfección das beirarrúas e rúas de Camelle.
  • Reparto de mascarillas feitas polas persoas voluntarias do Concello a distintas empresas abertas e entregáronselle a Correos para que reparta 2 por cada casa.
  • O persoal de limpeza que estaba traballando nos centros educativos, pavillóns, mercado e cemiterio continúa desinfectando e limpando os vehículos municipais, o almacén e tamén apoia aos operarios municipais na desinfección das entradas dos establecementos de acceso público (supermercados, panaderías, farmacias, estancos, gasolinera...).
  • Os médicos de cabeceira seguen en contacto coa alcaldesa para transmitirlle o número de enfermos, pero sen nomes nin apelidos.


© by Abertal