O Concello

Departamentos

* Camariñas inicia o reparto das 15.000 máscaras coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe 01/04/2020

Camariñas inicia o reparto das 15.000 máscaras coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe

·        Comezouse polas persoas en situación de vulnerabilidade, supermercados, empresas, fábricas, estancos, confrarías e quioscos.
·        O reparto veciñal farase a través de Correos. Para calquera dúbida habilitouse o teléfono da concelleira do Encaixe.
·        Non son homologadas, polo que non poden ser empregadas no ámbito sanitario.  

O Concello de Camariñas comezou xa o reparto das 15.000 máscaras confeccionadas por preto de 50 voluntarias coordinadas desde a semana pasada polo departamento da Mostra do Encaixe.  

Primeiramente están a distribuírse ás persoas en situación de vulnerabilidade e tamén en supermercados, empresas, fábricas, estancos, confrarías e quioscos. Cando se remate, terá lugar o reparto ao resto da poboación, que se fará a través de Correos para que cheguen a todos os fogares.  

O goberno local puxo á disposición da veciñanza o teléfono da concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, para xestionar calquera tipo de dúbida ou información sobre o reparto. O teléfono é o 667 03 43 05 e tamén pode empregarse para comunicar calquera tipo de urxencia na entrega das máscaras da que o Concello non sexa consciente actualmente.  

As máscaras fabricáronse todas con tela dobre para maior protección. Foron 14.000 con material ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o Concello e outras 1.000 con algodón 100% doado pola empresa Yutes, de Barcelona.    

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo transmitir “tranquilidade” aos veciños e veciñas de Camariñas e asegurou que “chegará a todas as casas pero teñen prioridade as persoas en situación de vulnerabilidade e as que están traballando”. Ademais, lembrou que estas máscaras “non son homologadas polo que no poden ser utilizadas no ámbito sanitario”.


© by Abertal