O Concello

Departamentos

* Conclusións da comisión de seguimento do COVID-19 30/03/2020

Conclusións da comisión de seguimento do COVID-19

Hoxe tivo lugar de xeito telemático unha reunión máis da comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en Camariñas. Entre os temas que se trataron, destacan:

👉 A alcaldesa, Sandra Insua, está en continuo contacto cos médicos de cabeceira para coñecer as cifras oficiais do virus no municipio e poder tomar as medidas de control necesarias.
👉 Ante o incumprimento das normas do Estado de Alarma, as forzas de seguridade xa identificaron a 114 persoas, interceptaron 15 vehículos e elevaron 5 propostas de sanción.
👉 Pediuse á Xunta, a través da Fegamp, a entrega semanal de Equipos de Protección Individual para os peóns de servizos múltiples que se ocupan da desinfección, policía local, protección civil, persoal de recollida de residuos e auxiliares do SAF.
👉 Hoxe empezaba a desinfección das beirarrúas e rúas de #Camelle, que se retomará cando amaine o vento.
👉 O persoal de limpeza que estaba traballando nos centros educativos, pavillóns, mercado e cemiterio encargarase de desinfectar e limpar os vehículos municipais, o almacén e tamén a apoiar aos operarios na desinfección das entradas dos establecementos de acceso público.
👉 Para recibir as peticións veciñais de reparto das 15.000  #máscaras que se están a confeccionar a través do departamento da Mostra do Encaixe usarase o teléfono da concelleira do Encaixe (667034305).


© by Abertal