O Concello

Departamentos

* Non quedes parado/a. Aproveita para formarte dende a casa. 30/03/2020

Non quedes parado/a. Aproveita para formarte dende a casa.

Nestes días de confinamento no que a maioría de vós disporedes de máis tempo podedes aproveitar para completar formación ou preparar probas que teñen convocatoria aberta ou que abrirán ao longo deste 2020.   Aquí vos deixo algúns exemplos:  

-      Probas avaliación competencias clave nivel 2 e 3 Na actualidade o prazo está interrompido polo que despois do estado de alarma aínda podedes anotarvos á convocatoria deste ano. Os exames soen ser no mes de maio pero este ano vanse facer máis tarde así que aínda tedes tempo de preparalas.
http://camarinas.net./web/noticia.php?id_noticia=1390&id_seccionweb=181  

-      Probas obtención certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Na actualidade o prazo está interrompido polo que despois do estado de alarma aínda estades a tempo de anotarvos á convocatoria deste ano. Os exames soen ser no mes de xuño pero este ano probablemente se retrasarán. 
http://camarinas.net./web/noticia.php?id_noticia=1408&id_seccionweb=181  

-      Probas libres obtención Graduado en ESO para maiores de 18 anos. Na actualidade o prazo está interrompido polo que despois do estado de alarma aínda estades a tempo de anotarvos á convocatoria deste ano. Soe haber dúas convocatorias, maio e setembro. Aínda que, como nos casos anteriores a convocatoria de maio probablemente se retrasará.
http://camarinas.net./web/noticia.php?id_noticia=1374&id_seccionweb=181  

-      Probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2020. A primeira convocatoria está pechada pero a segunda abre prazo do 22 de xuño ao 3 de xullo. http://camarinas.net./web/noticia.php?id_noticia=1385&id_seccionweb=181  

-      Exames presenciais libres Competencia dixital ofimática (CODIX). Abre convocatoria en outubro, os exames serán no mes de novembro en distintas aulas CeMIT. As aulas máis próximas nas que soe haber exame son as de Vimiazo e Fisterra.
https://cemit.xunta.gal/es/codix
A rede CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que baixo a modalidade de “Autoformación” podedes empregar como material de apoio para a preparación destas probas.   

-      Cursos en liña de Prevención de Riscos Laborais nivel básico (60 horas) do ISSGA. Fan varias edicións ao longo do ano. Curso en liña cun exame presencial ao finaliza-lo curso. As datas do vindeiro curso modificáronse pero podedes estar pendentes para cando abran prazo de novo.  
 
https://issga.xunta.es/portal/contido/formacion/en-lina/index.html  

-      Cursos en liña Aula Mentor. Programa de formación non regulada, flexible con titorización personalizada, dirixida a persoas maiores de 18 anos. A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais como internacionais. Hai un exame presencial. Os prezos da matrícula dos diferentes cursos oscilan entre os 24€ e os 48€. http://www.aulamentor.es/  

-      Cursos gratuítos en liña para traballadores e activo ou situación de ERTE do Grupo Adams.
https://www.adams.es/cursos-gratuitos/trabajadores      

Se precisades máis información dalgunha das convocatorias contactade por teléfono ou correo electrónico e enviareivos enlaces relacionados nos que podedes descargar nalgúns dos casos modelos de exame ou materiais para prepara-las probas.  

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net    
LUNS A VENRES 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal