O Goberno anunciou que desde hoxe, luns 30 de marzo, e ata o 9 de abril todos os traballadores de actividades non esenciais tamén deberán quedarse na casa.Aplicarase un permiso retribuído recuperable:
➡️ Os traballadores continuarán recibindo o seu salario con normalidade.
➡️ Cando termine a actual situación de emerxencia sanitaria recuperarán as horas de traballo non prestadas de xeito paulatino e espaciado no tempo.
No pdf adxunto podes consultar o listado de actividades consideradas #esenciais que teñen que seguir prestando servizo.
#QuedaNaCasa