O Concello

Departamentos

* Prestacion por cese de actividade para autónomos 25/03/2020

Prestacion por cese de actividade para autónomos

Características do CESE DA ACTIVIDADE para os autónomos/as afectados polo peche ou redución da actividade por mor do coronavirus (COVID-19):

Requisitos:

  • Estar afiliado e de alta na Seguridad Social na data da declaración do estado de alarma.
  • Estar ao corrente dos pagos e obrigas coa Seguridade Social. Se non, darase un prazo dun mes para poñerse ao corrente.
  • Que a actividade estea suspendida ou a facturación se teña  reducido nun 75% respecto ao semestre anterior.
    Non é necesario ter cotizado previamente por cese de actividade, nin ter alcanzado o período mínimo necesario para ter dereito á axuda.
  • NON DARSE DE BAIXA na actividade nin en autónomos.     


Contía e duración:
70% da base reguladora ata que se levante o estado de alarma.  

Tramitación:
  • Se tes as continxencias comúns e as profesionais cunha mutua, deberás de tramitalo coa propia mutua.
  • Se tes as continxencias profesionais cunha entidade xestora da seguridade social, deberás de tramitalo co SEPE.
  • Haberá que cubrir un formulario e xuntar DNI e número de conta bancaria e no caso de descenso de ingresos, os xustificantes deste descenso.
  • A cota de autónomos de marzo debe pagarse para non contraer débedas coa Seguridade Social e ter dereito á prestación por cese de actividade e a exoneración de pagamento de autónomos. A Tesourería da Seguridade Social devolverá a cota de autónomos de marzo se lle foi ingresada antes de ter recoñecida a prestación por cese de actividade.

Descargas relacionadas


© by Abertal