O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas entrega 700 unidades de protección individual doadas por particulares e empresas no PAC de Vimianzo 22/03/2020

O Concello de Camariñas entrega 700 unidades de protección individual doadas por particulares e empresas no PAC de Vimianzo

  • Desde o PAC tamén se distribuirán polos centros de saúde de Camariñas e no 061.
  • Anímase á cidadanía a seguir levando a cabo este tipo de doazóns, moi necesarias nesta época.

O Concello de Camariñas, como moitos outros da Costa da Morte, fixo onte un chamamento á cidadanía para enviar material de protección individual ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde escaseaba este equipamento.

A resposta dos veciños e veciñas de Camariñas, tanto particulares como empresas, foi inmediata e, a través de Protección Civil, logrouse xuntar 700 unidades de protección individual (mascarillas, traxes, guantes e gafas). Estas foron entregadas finalmente no PAC de Vimianzo xa que desde o hospital avisaron de que a resposta á súa chamada fora inmediata e xa contaban co material suficiente.

Desde o PAC comprometéronse a repartir estes equipos de protección individual polos centros de saúde de Camariñas e tamén ao 061. Desde o Concello de Camariñas queremos agradecer á cidadanía a súa boa disposición e animamos a aquelas persoas que dispoñan de máis material deste tipo que se poñan en contacto con Protección Civil no teléfono 650420021 para xestionar a doazón.


© by Abertal