O Concello

Departamentos

* Fumigado de espazos públicos 18/03/2020

Fumigado de espazos públicos

Os operarios de Camariñas fumigarán diariamente as zonas dos locais aos que pode acceder a veciñanza 

Tamén se actuará nos contedores de cada parroquia.

O Concello de Camariñas continúa a tomar medidas para contribuír á deter a expansión do COVID-19. Desde hoxe, martes 17 de marzo, os operarios municipais fumigarán cada día as vías e o mobiliario público nas zonas onde haxa locais aos que pode acceder a veciñanza mentres estea vixente o Estado de Alerta.

Os traballadores dividiranse en dous grupos para poder chegar cada día á totalidade do municipio. O seu obxectivo é fumigar tanto as vías, como as beirarrúas ou o mobiliario público preto dos centros de saúde, supermercados, etc.

Ademais, tamén se actuará nos contedores de cada parroquia xa que o servizo de recollida de lixo segue funcionando. Esta acción levarase a cabo un día en cada parroquia.

Por outra banda, onte estes operarios municipais tamén estiveron fumigando os parques infantís xa que, a pesar de que agora ningún veciño ou veciña de Camariñas pode facer uso destes, se pretende esterilizar os espazos frecuentados pola cidadanía antes da declaración do estado de alarma.


© by Abertal