O Concello

Departamentos

* PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2020 13/03/2020

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2020

Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de marzo as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.

Destinatarios / as:
-  Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Prazo de inscrición:
- Do 13 de marzo ao 03 de abril de 2020 (inclusive) 

Datas de realización das probas:
-  Maio e/ou xuño 2020. As datas concretas publicitaranse a través do DOG e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal

As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As sedes e horarios publicaranse xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidasContía das taxas de exame: 16,59 €.

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.   

Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:  

-  Preparalo pola vosa conta
-  Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga
Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio. 

-  A través dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200312/AnuncioG0535-090320-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal 

ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES:8:00 – 15:00


© by Abertal