O Concello

Departamentos

* Medidas municipais ante a expansión do coronavirus 13/03/2020

Medidas municipais ante a expansión do coronavirus

Debido á preocupante situación xerada pola expansión do Coronavirus, o Concello de Camariñas decidiu adoptar as seguintes medidas preventivas:

• A suspensión de todas as actividades municipais deportivas, culturais e de servizos sociais ata o día 30 de marzo, como mínimo e condicionado á evolución da enfermidade.
•A atención ao público nas dependencias municipais limitarase a causas de urxencia e extrema necesidade, chamando previamente ao teléfono do Concello (981736000) ou ao da Casa de Pedra (981737004). Tamén se poderán levar a cabo as xestións precisas a través da sede electrónica (sede.camarinas.net).
•Peche das instalacións municipais: biblioteca, polideportivos...
• Suspensión de todas as actividades, cursos, obradoiros ou accións similares que, por parte de asociacións, agrupacións, veciños e veciñas, etc. se leven a cabo en instalacións ou edificios municipais.
•Suspensión dos mercados municipais previstos, como mínimo, ata o 30 de marzo.

Recoméndase tamén:

•Non levar aos nenos e nenas ao parque infantil.
•Evitar as aglomeracións, realizar viaxes e desprazamentos.
•Seguir as instrucións ditadas polas autoridades sanitarias.

Descargas relacionadas


© by Abertal