O Concello

Departamentos

* Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2020 17/02/2020

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2020

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2020.  

Carnés profesionais:
-  Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-  Carné profesional de operador / a de guindastre torre
-  Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
-  Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B  

Habilitacións profesionais:
-  Operador / a industrial de caldeiras
-  Instalador / a de gas, categoría A
-  Instalador / a de gas, categoría B
-  Instalador / a de gas, categoría C
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
- Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
-    Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.  

REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
- Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.  

TAXAS DE EXAME: 40,77 €  

PRAZO: 
-      Primeira convocatoria: do 17 de febreiro ao 3 de marzo de 2020 (ambos os dous incluídos)
-      Segunda convocatoria: do 22 de xuño ao 3 de xullo de 2020 (ambos os dous incluídos) 

IMPORTANTE: Na primeira convocatoria non se convocan probas para a obtención de todos os carnés e habilitacións profesionais recollidas nesta orde. Consultar no DOG cales son os convocados.  

ORDE DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200212/AnuncioG0534-310120-0001_gl.pdf


© by Abertal