O Concello

Departamentos

* O spot da anterior edición da Mostra do Encaixe, finalista nos Mestre Mateo 11/02/2020

O spot da anterior edición da Mostra do Encaixe, finalista nos Mestre Mateo

Hoxe a Academia Galega do Audiovisual anunciou os finalistas das diferentes categorías dos Mestre Mateo 2020 e o spot da anterior edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, "Cando todo Encaixa", creado por MBC Servicios Audiovisuales a encargo do Concello, é un dos catro finalistas na categoría de 'Mellor Anuncio Publicitario'.
A cerimonia terá lugar o sábado 7 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña e alí coñeceremos se finalmente o anuncio da Mostra do Encaixe é o gañador do prestixioso galardón.
Estes son os candidatos:

1.- MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO

1.- CAMARIÑAS, CANDO TODO ENCAIXA | MBC Servicios Audiovisuales.
2.- NIN DE BROMA | Elemental Chefs.
3.- SANTIAGO, CIDADE DE CINEMA | Islandia Producciones.
4.- VIVAMOS COMO GALEGOS 2019 | Congo Producciones.


© by Abertal