O día 20 de xullo de 2011 ás 17:00 horas comenzará no Centro de Iniciativas de Camariñas (local situado a carón do Centro de Saúde) estas xornadas onde informarase sobre o certificado de profesionalidade de redeira/o e divulgarase a formula cooperativa como alternativa empresarial para actividades vinculadas ao mar, presentandose as experiencias da federación de redeiras de Galicia e o turismo mariñeiro liderado pola Confraría de Lira (Carnota).
Esta actividade encadrase dentro da Rede Eusumo da Consellería de Traballo e Benestar e está organizada pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas e pola federación de cooperativas de Galicia SINERXIA.