O Concello

Departamentos

* PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2020 07/02/2020

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2020

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 7 de febreiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Requisitos:
-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2020 

Prazo de inscrición: Do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superiorRequisitos:
-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2020

Prazo de inscrición: Do 10 ao 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos. 

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200207/AnuncioG0534-300120-0001_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00   


© by Abertal