A lei de incendios de Galicia responsabiliza aos particulares da limpeza das faixas de biomasa nas súas propiedades que teñen que limpalas antes de final de MAIO do 2020.
Para axudar, asesorar e informar ás persoas sobre estas obrigas o Concello de Camariñas conta cun Servizo Técnico especializado que tamén realiza as inspeccións e seguimentos das faixas municipais.
Este servizo gratuíto ofrécese ao público os MÉRCORES dende as 10:00 ata as 14:00h na oficina da entrada da Casa do Concello.
Teléfono 653 276 989
email: medioambiente@camarinas.net
Obriga de limpeza de faixas de biomasa
As persoas propietarias teñen a obriga da LIMPEZA DA FRANXA DE 50m, arredor de
Ø Solos urbanos, núcleos rurais e urbanizables
Ø Edificacións, vivendas illadas en solo rústico e urbanizacións situadas a menos de 400m do monte
Ø Depósitos de lixo, campings, gasolineras , parques e instalacións industriais situados a menos de 400m do monte
Ø Vivendas ailladas en solo rústico situadas a máis de 400m do monte
Ø Non terá nesta faixa especies arbóreas como eucaliptos, piñeiros e acacias
Actuacións e sancións por incumprimentos da obriga de limpeza
No caso de non realizar esta limpeza antes de rematar maio, no seu defecto os Concellos realizarana cobrándolle os custes destas labores, tamén poderá decomisar as especies árboreas prohibidas. Mesmo poderá iniciar un procedemento de expropiación forzosa no caso de que o importe da limpeza supere o valor catastral da parcela.
Ademais, as sancións por incumprimento poden ter multas dende 100€ ata 100.000€
Contratos conveniados para limpeza de faixas de particulares
As persoas interesadas poden asinar contrato con Seaga para a limpeza e xestión das faixas da biomasa conforme ás condicións e prezos establecidos. O servizo técnico municipal facilitará información e tramitación destes contratos.