A Consellería de Cultura e Turismo vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 29 de xaneiro de 2020, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
Hai dúas modalidades:
-Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
-Cursos en teleformación: Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. (Consultar no DOG os requisitos técnicos de equipamento informático)
Para solicitar os cursos Celga 2, Celga 3 ou Celga 4 de teleformación será requisito indispensable o seguinte:
Ø Se se solicita un curso destinado á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente.
Ø Se se solicita un curso destinado ao resto da poboación, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.
Prazo: 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Para ver datas, lugares e horarios dos cursos presenciais consultar anexo II da resolución do DOG no enlace que se sinala máis abaixo.
Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.
A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga).
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200129/AnuncioG0535-170120-0001_gl.pdf
Corrección erros
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200130/AnuncioG0535-290120-1_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.lingua.gal
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00