O Concello

Departamentos

* A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas chega ao centro de Madrid 23/01/2020

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas chega ao centro de Madrid

Dentro das accións de difusión previas da XXX Mostra do Encaixe, o Concello de Camariñas decidiu promocionar o evento en pleno corazón de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que do 22 ao 29 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano.  

O obxectivo da alcaldesa, Sandra Insua, e do seu equipo de goberno ao materializar esta acción publicitaria era o de continuar espallando a Mostra do Encaixe fora das nosas fronteiras e continuar afianzando este evento como unha das pasarelas de moda de referencia de España durante a Semana Santa.

Videos relacionados


© by Abertal