O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 18/12/2019

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL 

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de decembro de 2019, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código do procedemento ED517B)

Cualificacións profesionais:

-  Administración e xestión:
·         Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela

  • Actividades de xestión administrativa
  • Xestión contable e de auditoría
  • Administración de recursos humanos
  • Xestión financeira
  • Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas
-  Agraria:
  • Aproveitamentos forestais
  • Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
  • Mantemento e mellora do hábitat cinexético-piscícola
  • Produción de sementes e plantas en viveiro
-  Comercio e márketing:
  • Actividades de venda
  • Organización e xestión de almacéns
  • Actividades de xestión do pequeno comercio
  • Xestión comercial inmobiliaria
  • Implantación e animación de espazos comerciais
  • Organización e xestión de almacéns
-  Edificación e obra civil:
  • Fábricas de albanelería
  • Armaduras pasivas para formigón
  • Cubricións inclinadas
  • Encofrados
  • Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
  • Pavimentos e albanelería de urbanización
  • Revestimentos con pastas e morteiros en construción
  • Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción
  • Colocación de pedra natural
  • Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
  • Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
  • Pintura decorativa en construción
  • Representación de proxectos de edificación
  • Control de proxectos e obras de construción
-  Electricidade e electrónica:
  • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
  • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
  • Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
  • Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
  • Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
-  Enerxía e auga:
  • Eficiencia enerxética de edificios
 -  Fabricación mecánica:
  • Mecanizado por arranque de labra
  • Soldadura
  • Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
  • Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
-  Hostalería e turismo:
  • Cociña
  • Repostaría
  • Pastelaría e confeitaría
  • Servizos de bar e cafetaría
  • Servizos de restaurante
  • Recepción
  • Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
  • Guía de turistas e visitantes
-  Imaxe e son:
  • Animación 2D e 3D
  • Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos
  • Montaxe e posproducion de audiovisuais
  -  Imaxe persoal:
  • Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe
  • Coidados estéticos de mans e pés
  • Peiteado
  • Hidrotermal
  • Masaxes estéticas e técnicas sensoriais asociadas
  • Tratamentos estéticos
  • Peiteado técnico-artístico
  • Tratamentos capilares estéticos
-  Industrias alimentarias:
  • Repostaría
  • Panadería e bolaría
  • Pastelaría e confeitaría
-  Informática e comunicacións:
  • Sistemas microinformáticos
  • Confección e publicación de páxinas web
  • Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
  • Operación de redes departamentais
  • Operación de sistemas informáticos
-  Instalación e mantemento:
  • Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
  • Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción
  • Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
  • Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas
  • Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
-  Madeira, moble e cortiza:
  • Mecanizado de madeira e derivados
  • Acabamento de carpintaría e moble
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
  • Instalación de mobles
  • Instalación de elementos de carpintaría
-  Química:
  • Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares
  • Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química
  • Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
  • Ensaios físicos e fisicoquímicos
  • Análise química
-  Sanidade:
  • Transporte sanitario
  • Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
  • Farmacia
-  Servizos socioculturais e á comunidade:
  • Educación infantil
  • Educación de habilidades de autonomía persoal e social
  • Dinamización comunitaria
  • Inserción laboral de persoas con discapacidade
  • Mediación comunitaria
  • Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE) en centros educativos
  • Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade
-  Transporte e mantemento de vehículos:
  • Pintura de vehículos
  • Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
  • Mantemento do motor e dos seus sistemas auxiliares
  • Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
  • Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil
  • Planificación e control da área de carrozaría
  • Planificación e control da área de electromecánica
Requisitos: 
  • Nacionalidade española, atoparse incluído como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter feitos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel 1 e 20 anos para as unidades de competencia de nivel 2 e 3. 
·         Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar. 
ü  Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis 2 e 3, e para unidades de competencia de nivel 1, xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total.  ü  Formación non formal: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel 1 ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que se pretendan acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.·       Non estar matriculado/a e/ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición. Nin estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia

Prazo: 
Dende o 13 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos

Importante:
 a solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion desde onde deberá xerarse o formulario normalizado.         

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave 365         
Os solicitantes que o necesiten serán asistidos en calquera centro educativo con formación profesional. 

As persoas que non posúan DNI, NIE ou certificado electrónico aceptado pola sede electrónica da Xunta de Galicia, deberán xerar e imprimir a solicitude desde a aplicación informática e presentala, xunto coa documentación establecida no artigo 8.2. na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procedemento segundo o recollido no anexo II da orde. 

Para o caso de enviarse por correo, o envío da solicitude, deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia da documentación que se  precise, que será cotexada cos orixinais na secretaría do centro onde se presenten. 

Os/as solicitantes que participasen en convocatorias anteriores dentro dos últimos 5 anos e pasasen á fase de asesoramento e/ou de avaliación ou quedasen como reservas por non dispor de prazas vacantes, de participar na presente convocatoria e na mesma sede, non terán que presentar a documentación xa achegada. Tamén poderán acollerse na aplicación informática á opción de recuperar os datos cargados para actualizalos ou cargar unha solicitude de novo.    

ENLACE Á ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191212/AnuncioG0534-031219-0001_gl.pdf 

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA
http://www.edu.xunta.es/acreditacion

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal