O Concello

Departamentos

* Camariñas asigna máis de 500.000 euros a obras de mellora de espazos e da seguridade viaria 18/12/2019

Camariñas asigna máis de 500.000 euros a obras de mellora de espazos e da seguridade viaria

·        Hoxe o pleno aprobou por unanimidade o Plan Único 2020 da Deputación.  

O Concello de Camariñas aprobou hoxe por unanimidade nun pleno extraordinario o Plan Único de concellos POS+ 2020 da Deputación da Coruña que utilizará para levar a cabo diferentes proxectos no municipio valorados en 514.420,24 euros.  

Con cargo ao Plan provincial, destinado a investimentos financeiramente sustentables, incluíuse un proxecto para a mellora da pavimentación na rúa Alto do Penedo da Ponte do Porto valorado en 125.245,90 euros.  

Ademais, tamén se aprobou o Plan Complementario 2020, no que se incluíron diferentes proxectos valorados en total en 389.174,34 euros: a mellora e acondicionamento das rúas Rozas e Rucheira en Arou, a construción de beirarrúas na rúa Virxe do Monte de Camariñas, a reurbanización da rúa Ramón Nogueira en Camariñas e a reordenación do espazo público destinado á creación do parque infantil de Xaviña.  

Estes proxectos sumaranse ás diferentes obras de mellora da seguridade viaria e dos equipamentos en todo o municipio que levou a cabo o goberno local ao longo do 2019, valéndose de fondos propios, provinciais e autonómicos.  

Plan Único 2020  

O Plan provincial supón nesta ocasión unha axuda para o  Concello de Camariñas de 337.227,97 euros en total, que se destinarán ao  financiamento de gastos correntes, pavo a provedores, á redución da débeda e á execución de proxectos de mellora da seguridade viaria e equipamentos no municipio.


© by Abertal